O equipo de integración social da empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar de Compostela ven de informar que o vindeiro 31 de decembro dos correntes van realizar a tradicional visita aos beléns da Catedral. Este ano o belén principal atópase na Igrexa de San Agostiño e, como parte do roteiro belenista, acudirán ao convento do Carmo para visitar o belén napolitano.
As persoas usuarias do SAF que desexen participar na actividade non teñen mais que inscribirse no teléfono que se indica no cartaz informativo.
Dende os Servizos Sociais trasladamos a todas e a todos unhas moi boas festas navideñas e animarvos a participar un ano mais!.

