Centros e equipamentos

Portada » Centros e equipamentos

Todos os centros

Centro Municipal de Servizos Sociais

Cabes

PASS Fontiñas

PASS Conxo-Ensanche

Autor das imaxes de equipamentos municipais: Jaime Cortizo.

Pisos cedidos a entidades

Programa de atención a familias ABEIRO
(dependente de Cáritas):
2 pisos cedidos en Fontiñas

Impleméntase un programa socioeducativo dirixido a persoas menores de idade e ás súas familias, en situación de vulnerabilidade social.

Programa de respiro familiar
(dependente de ASPAS):
2 pisos cedidos en Fontiñas

Impleméntase un programa de reforzo da vida autónoma das persoas con discapacidade.

Programa de atención a persoas sen fogar
(dependente de FEAFES):
2 pisos cedidos en Fontiñas

Préstase atención social e residencial a persoas en situación de senfogarismo, que teñen asociada un problema de saúde mental.

Programa de atención a familias CAIXAPROINFANCIA (convenio de colaboración asinado entre La Caixa, Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela):
1 piso cedido a ARELA en Fontiñas

Impleméntase un programa integral de atención a menores e ás súas unidades de convivencia, que se atopan en situacións de risco social.

Programa Alares, cedido a CÁRITAS DIOCESANA para a atención ás persoas sen fogar:
1 piso en Fontiñas

Lévase a cabo un programa de intervención social e residencial con persoas, provintes de situacións de senfogarismo, que se inclúen en itinerarios de incorporación social.

Programa Fogares Abertos, cedidos a CÁRITAS INTERPARROQUIAL:
2 pisos en Fontiñas

Lévase a cabo un programa de intervención social e residencial con persoas, con factores de vulnerabilidade elevados relacionados con cuestións de vivenda, que se inclúen en itinerarios de incorporación social.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local