A rexedora municipal, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e diversos membros da corporación municipal participaron na celebración do 25 aniversario da Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.
 
Dende o departamento de Servizos Sociais realízase un recoñecemento da importante labor realizada pola entidade, que supuso en palabras da alcaldesa un “cambio radical na atención ás persoas afectadas por este problema de saúde“.