As familias beneficiarias das bolsas para a adquisición de material escolar do curso 2026-2027 dispoñen de máis tempo para presentar a documentación xustificativa da axuda.
A Xunta de Goberno Local acordou ampliar o prazo de presentación desta documentación ata o 13 de novembro de 2026, inclusive, co obxectivo de facilitar ás familias o cumprimento deste trámite.
Esta ampliación afecta exclusivamente á xustificación das bolsas destinadas á adquisición de material escolar, incluídas na convocatoria municipal de bolsas para comedor, material escolar e actividades extraescolares do curso 2026-2027.
As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa dentro do novo prazo establecido.
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/11/ANUNCIO-AMPL.pdf
