A Xunta de Goberno Local aprobou o 29 de outubro a corrección dun erro material detectado no acordo do 7 de outubro, relativo ás axudas individuais para facilitar o uso do taxi ás persoas con dificultades de mobilidade.
A rectificación afecta unicamente á expresión escrita de dúas cantidades económicas. O importe total das axudas concedidas é de 9.600 euros, correspondente a 28 persoas beneficiarias: 27 recibirán unha axuda de 350 euros e unha persoa recibirá 150 euros.
Ademais, corríxese a cantidade que figura como gasto anulado parcialmente, que ascende a 5.400 euros, resultado da diferenza entre os 15.000 euros autorizados inicialmente para a convocatoria e os 9.600 euros finalmente concedidos.
Esta corrección non modifica a resolución das axudas: mantéñense as persoas beneficiarias, as contías individuais concedidas e as denegacións, así como o resto do contido do acordo do 7 de outubro.
Estas axudas teñen como finalidade facilitar unha alternativa de transporte adaptado ás persoas con dificultades de mobilidade que presentan limitacións para utilizar o transporte colectivo no Concello de Santiago de Compostela.
