En cumprimento do establecido na base reguladora 7.1 da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, asemade tamén para aqueles que estean escolarizados en centros de educación especial en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria obrigatoria e educación secundaria obrigatoria, no Concello de Santiago
de Compostela, publícase a listaxe de solicitudes presentadas e a listaxe das persoas interesadas que deberán emendar ou mellorar a súa solicitude.

Ditas listaxes publicaranse únicamente co número de documento de identidade das persoas solicitantes, para salvagardar a identidade das persoas beneficiarias e solicitantes (disposición adicional sétima da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Prazo de presentación ata o 21/09/2026.

A presentación de documentación poderá efectuarse polos seguintes medios:

– De xeito telemático, na sede electrónica do Concello de Santiago a través do trámite Presentación de documentación e alegacións (no apartado unidade orgánica tramitadora, deberán poñer: SERVIZOS SOCIAIS CX 20). Tamén pode empregar o Rexistro Electrónico Común
– De xeito presencial, no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, baixo), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Para calquera dúbida ou aclaración poden achegarse aos Servizos Sociais Comunitarios, sito en Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4, Galeras. Teléfono: 981 54 24 65,
en horario de 9:00 a 13:00 h, de luns a venres.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/09/DEFINITIVO-ANUNCIO-BECAS_signed.pdf