O barrio de As Fontiñas continúa coa implementación do Proxecto “Medrando cos nosos maiores”. Nesta ocasión cunha actividade que terá lugar o vindeiro 11 de xuño de 2026, ás 10:30 horas, nas dependencias do Centro Sociocultural das Fontiñas. Nesta xornada desenvoverán unha actividade informativa sobre “Coidar e coidarse: pequenos hábitos que sosteñen grandes coidados”. A actividade, organizada pola rede comunitaria de As Fontiñas, conta coa colaboración de Cruz Vermella e do Equipo Sociosanitario da Area de Saúde Mental do SERGAS. As docentes serán: Montserrat Varela Mallou (enfermeira especialista en Saúde Mental), Iria Costas Díaz e Elena Chenlo García (enfermeiras residentes de Saúde Mental).
Unha vez mais, a noraboa á rede comunitaria de Fontiñas pola organización de actividades en prol do benestar da veciñanza!!
