Santiago converteuse hoxe no corazón do Día Mundial do Traballo Social. A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, e a tenente alcaldesa, María Rozas, acompañaron ao colectivo nun acto centrado na necesidade de construír pontes de esperanza e harmonía.
Grazas a quen, día a día, facedes de cada barrio e cada fogar un lugar con máis oportunidades. O voso compromiso non só mellora Compostela, senón que nos define como sociedade. Parabéns por un labor tan humano e indispensable!
