Centros de atención e equipamentos

Centro municipal de Serivizos Sociais

Centro Municipal de Servizos Sociais

Rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras), 15705 Santiago de Compostela
Ver en Google Maps

981 542 465

HORARIO DE INVERNO
Luns a venres: 8:30 a 14:00

HORARIO DE VERÁN
Luns a venres: 8:30 a 13:00

Neste equipamento está situado
  • Dirección da Área de Políticas Sociocomunitarias.
  • Servizo de Servizos Sociais.
  • Sección de Servizos Sociais Comunitarios Básicos.
  • Unidade de xestión.
  • Persoal técnico xurídico e administrativo.
  • Punto de Atención dos Servizos Sociais (PASS) Porta do Camiño.
  • Servizo de Axuda no Fogar, teleasistencia domiciliaria e Xantar na Casa.
  • Atención ás persoas sen fogar.
CABES
Centro de atención

Servizos Sociais de CABES

 

Rúa Manuel María, nº 6 (Salgueiriños), 15703 Santiago de Compostela
Ver en Google Maps

981 542 465

HORARIO DE INVERNO
Luns a venres: 8:30 a 14:00

HORARIO DE VERÁN
Luns a venres: 8:30 a 13:00

 

Neste equipamento está situado
  • Punto de Atención dos Servizos Sociais (PASS) CABES.
  • Programa PROMOVE.
  • Servizo de educación e apoio familiar.
  • Programa de inclusión social.
  • Programa de atención psicolóxica.
Asociacións e entidades sociais con sede en CABES
  • AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer).
  • UGADE (Unión Galega de Epilepsia).
  • Provivenda.
  • ALCER Coruña (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril).
  • Compostela Inserta.
  • Asociación Galega de Nais e Pais Separados.
  • Escola da Segunda Oportunidade.
  • ASBIGA (Asociación de Persoas con Trastorno Bipolar de Galicia).
  • TP-GALICIA (Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade).
  • APSSC (Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela).
  • ConAartrite Santiago.
  • Fundación Alar.
  • POIG (Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia).
  • ACCU (Asociación de Enfermos de Chron e Colite Ulcerosa da Coruña).
  • ACOUGO (Asociación Galega de Familias de Acollida) | xullo-decembro.
  • ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares).
  • Fundación Ronsel.
  • AMIGA (Asociación Migrantes de Galicia).
  • AGAPA (Asociación Galega de Persoas Amputadas).
PASS Fontiñas
Centro de atención

PASS Fontiñas 

Rúa Berlín, nº 13 (Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela
Ver en Google Maps

981 542 465

HORARIO DE INVERNO
Luns a venres: 8:30 a 14:00

HORARIO DE VERÁN
Luns a venres: 8:30 a 13:00

PASS Ensanche Conxo
Centro de atención

PASS Conxo-Ensanche

Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701 Santiago de Compostela
Ver en Google Maps

981 542 465

HORARIO DE INVERNO
Luns a venres: 8:30 a 14:00

HORARIO DE VERÁN
Luns a venres: 8:30 a 13:00

TEN EN CONTA QUE...

Os centros de atención son asignados a cada persoa no momento de reserva da súa cita segundo criterios loxísticos.

Outros equipamentos

2 pisos de titularidade municipal

Cedidos a FEAFES para a atención residencial de persoas sen fogar.

2 pisos de titularidade municipal

Cedidos a ASPAS para o proxecto de respiro familiar e desenvolvemento da vida autónoma de persoas con discapacidade.

5 pisos de titularidade municipal

Cedidos a Cáritas Diocesana, para o desenvolvemento dos programas de atención a familias Abeiro (2 pisos), Fogares Abertos (2 pisos) e Alares (1 piso); dous destes últimos pisos son vivendas de transición para persoas con traxectoria de senfogarismo.

1 piso cedido a Arela

Destinado ao desenvolvemento do programa de atención comunitaria CAIXA-PROINFANCIA.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local