A rede comunitaria do barrio das Fontiñas leva a cabo no día de hoxe unha nova edición do proxecto “Fraguando a diversidad, Fontiñas somos todos”: unha xornada de formación dirixida a persoal técnico sobre a saúde mental e adolescencia.
 
A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa desenvolve as súas capacidades e é quen de facer fronte ao estres do día a día: de  estudar, relacionarse, traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade.
 
As entidades  socioeducativas do barrio consideran que a información e o coñecemento son ferramentas fundamentáis para promover unha práctica profesional  que permita responde mellor as diferentes realidades persoais.
 
As persoas destinatarias desta formación son o persoal técnico das diferentes entidades de iniciativa social que participan na rede comunitaria do barrio das Fontiñas así como outros profesionais que participan destas ou colaboren coas entidades da zona. A maiores, a acción formativa tamén está destinada ao resto do persoal técnico e entidades das redes comunitarias do concello de Santiago de Compostela que amosen o seu interese.