Lembremos… o servizo municipal de urxencias sociais (SEMUS COMPOSTELA)

08/03/2025 | Novas

dende o Departamento de Servizos Sociais consideramos importante lembrar á veciñanza de Compostela que este concello dispón dun servizo municipal de atención ás urxencias sociais (SEMUS Compostela). Imos lembrar a información sobre este recurso, coa finalidade de que a veciñanza, servizos públicos e entidades sociais o teñan presente por si resulta da súa utilidade para calquera intervención social que se poida precisar.

O SEMUS COMPOSTELA é o sevizo municipal de urxencias socias do Concello de Santiago de Compostela. Este servizo lévase a cabo grazas ao convenio de colaboración asinado entre este concello e Cruz Vermella; o servizo está financiado pola Deputación Provincial de A Coruña.

Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar a labor realizada polos corpos e forzas de seguridade, bombeiros e Protección Civil, cando no desenvolvemento das súas funcións se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

Realizan as súas intervencións no lugar onde se xera a urxencia social, cun tempo de resposta breve e ofrecendo solucións acordes ao contexto no que se producen. Ademais da detección de situacións existentes de marxinación, tamén realiza tarefas de prevención, ofrecendo información e apoio ante os primeiros síntomas de determinadas problemáticas sociais e a eliminación das causas puntuais de outras, que poderían conducir a situacións de exclusión o marxinalidade.

O SEMUS está dispoñible os 365 días do ano, de luns a vernes en horario de 15:00H a 8:00h. Sábados, domingos e festivos 24h.

 A veciñanza que presencia ou se atopa nalgunha situación de urxencia social deberá chamar ao 112 o número de emerxencias, ou á Policía local no 981542323 e serán estes os que activen os recursos necesarios en cada caso.

A poboación destinataria do SEMUS COMPOSTELA é a poboación que se atopa incursa nalgunha situación de risco, que requira de persoal especializado en intervención social (persoas maiores, menores en situacións de risco, persoas vítimas de violencia, persoas sen fogar, persoas con discapacidade ou con problemas de saúde mental en situación de desprotección,…).

Que pode ofrecer o SEMUS COMPOSTELA?:

  • Atención á petición de auxilio de carácter social, tanto individual como colectiva ou derivada doutros servizos.
  • Derivación aos recursos especializados adecuados a cada situación e posterior comunicación aos Servizos Sociais Municipais mediante informe de intervención.
  • Coordinación cos distintos intervintes.
  • Entrega de productos de primeira necesidade que melloren a calidade de vida da persoa durante a súa estancia na rúa e que preveñan de posibles riscos para a súa saúde.
  • Xestión de recurso habitacional en situacións de emerxencia ou urxencia social.
  • Información sobre recursos.
  • Acompañamentos sociais.
  • Atención a persoas maiores ou con discapacidade que caen nos seus domicilios (caídas non sanitarias).
  • Atención a persoas con problemas de saúde mental que requira dunha intervención sanitaria (activacións servicio acougo)
  • Dar unha resposta de urxencia social, derivar aos recursos pertinentes, conter a situación que propiciou a emerxencia e posterior información aos servizos sociais.
  • Atención ás persoas sen fogar nas rutas que se realizan na rua e cando as condicións metereolóxicas sean adversas.

Este servizo mantén unha coordinación permanente co persoal técnico do Departamento municipal de Servizos Sociais.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2025/03/FOLLETO-INFORMATIV-SEMUS-COMPOSTELA.pdf

 

 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local