A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Ofértanse un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 130 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas
solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense. - 140 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as
persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Lugo.
No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (de 24 de decembro de 2024 ao 30 de decembro de 2024, ou de 31 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025).
ste programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2024 e o día 7 de xaneiro de 2025.
No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (do 24 de decembro de 2024 ao 30 de decembro de 2024, ou do 31 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025).
O programa comprende os seguintes servizos:
- Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
- Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
- Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 24 de decembro pola mañá e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Persoas beneficiarias:
- Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Estar empadroado nalgún concello galego.
- Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
- Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 e a GRIPE segundo o calendario sanitario vixente.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
- Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
- Teñan máis idade
- Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
O prazo de presentación estará aberto ata o día 25 de novembro de 2024 (incluído)
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
- DNI ou pasaporte en vigor.
- Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
- Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
- Roupa cómoda.
Para máis información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade: https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/xuntos-polo-nadal-2024 ou dirixirse a:
- O Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/11/1-SOLICITUDE.pdf