PROXECTO COMUNITARIO “A NOSA VIDA EN POSITIVO”

14/12/2023 | Novas

Nos últimos anos o barrio das Fontiñas caracterizouse por un sólido percorrido da rede comunitaria, a través do Plan de Desenvolvemento Comunitario que naceu coa finalidade de incrementar o benestar das veciñas e veciños que residen nesta zona, promovendo a súa inclusión social e a participación activa dentro da súa comunidade. Neste senso, teñen cabida varios programas e proxectos que seguen este fío condutor da mellora social. Nesta ocasión, a 8ª edición do Proxecto A Nosa Vida… en Positivo ? sobre vulnerabilidade dos adolescentes, retoma un formato xa experimentado en edicións anterior coa charla informativa de profesionais do ámbito sanitario para abordar o tema da educación afectivo sexual. 

As actividades que vai englñobar este proxecto van ser implementadas en colaboración coa matrona do SERGAS do centro de saúde de Fontiñas e que se realizarán en dous centros educativos do barrio: CEIP MONTE DOS POSTES e CEIP FONTIÑAS.

DATA LUGAR DE IMPLEMENTACIÓN PERSOAS DESTINATARIAS
15 de decembro de 2023 CEIP Fontiñas Alumnado de 5º de Educación Primaria. 2 grupos. Total: 47 persoas.
14 de febreiro de 2024 CEIP plurilingüe Monte dos Postes Alumnado de 6º de Educación Primaria. 2 grupos. Total: 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local