O CONCELLO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA DA INFANCIA COA CELEBRACIÓN DUN PLENO INFANTIL

20/11/2023 | Novas

Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP Quiroga Palacios convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e varios membros da Corporación municipal.

Hoxe, 20 de novembro, conmemórase o Día Mundial da Infancia, un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo no que se celebra o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada en 1989. Trátase dunha oportunidade para dar especial relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención sobre os dereitos dos nenos e das nenas e poñer a mirada nos cambios necesarios para que o seu contido sexa realidade para todos e en calquera lugar.

Este documento, clave para o desenvolvemento da infancia nas últimas décadas, apela no seu artigo 12 á necesidade de dar aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados, directamente ou a través dun órgano apropiado, en todos aqueles procedementos que lle afecten.

Partindo destas ideas e entendendo as institucións políticas como responsables de que o dereito á participación se vexa cumprido nos seus territorios, esta mañá o Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil cuxo obxectivo é darlle aos nenos e nenas a posibilidade de compartir ideas e propoñer iniciativas coas que mellorar o cumprimento da CDN na súa contorna e promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten a nivel local.

O Concello de Santiago de Compostela amosa o seu compromiso coa infancia e a necesaria concienciación da cidadanía sobre a importancia de seguir traballando e sumando esforzos, para que os dereitos dos nenos e nenas se vexan cumpridos en todo momento e en todo o mundo.

Nesta ocasión participaron de forma presencial de un grupo de nenos e nenas de 6º de primaria do Colexio Quiroga Palacios.
 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local