A CONCELLEIRA DE DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS VISITA A SEDE DE DOWN COMPOSTELA

09/11/2023 | Novas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude visitou esta mañá a sede da Fundación Down Compostela para coñecer mellor o seu traballo e recoller as súas demandas. María Rozas estivo acompañada polo presidente da entidade, Juan Martínez; o secretario, Joaquín Rodríguez; a directora, Blanca Taboada; e por unha das beneficiarias dos programas da Fundación. Pamela foi a encargada de achegarlle á concelleira as peticións que previamente consensuara con todos os seus compañeiros e compañeiras.

Pamela explicoulle a Maria Rozas que as principais preocupacións do colectivo teñen que ver coa súa incorporación ao mercado laboral, coa accesibilidade, sobre todo no transporte público, e coa escasa oferta de ocio inclusivo. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais puido coñecer tamén os programas que ten en marcha a Fundación Down Compostela para favorecer a integración e o desenvolvemento dunha vida autónoma por parte dos mozos e mozas con síndrome de Down. María Rozas recolleu as demandas do colectivo, e comprometeuse a avalialas e a manter a plena colaboración do Concello de Santiago coa entidade.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local