A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e representantes dos grupos que conforman a Corporación Municipal recibiron este luns na praza do Obradoiro as nenas e nenos participantes no Campamento Urbano do Centro Xuvenil Don Bosco.
En total participaron na visita arredor de 180 crianzas, que están a participar nesta actividade durante a primeira quincena de agosto. Durante este tempo, os pequenos e as pequenas descobren os lugares e recursos da cidade como espazo de desfrute e gozan dun ocio educativo.
