Proxecto comunitario “A nosa vida…, en positivo? 10 ed.”

25/11/2024 | Novas

O pasado venres, 22 de novembro, a rede comunitaria do barrio de As Fontiñas implemetou unha nova edición do Proxecto “A nosa vida, en positivo?”. A actividade tivo lugar no CEIP Monte dos Postes. Foi impartida por Diana Luque (Centro de Saúde de As Fontiñas) e estivo dirixida a alumnado de 5º de Educación Primaria. Nesta actividade participaron un total de 46 alumnas e alumnos.

Noraboa polo traballo realizado!!!!

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local