A alcaldesa e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visitaron o posto informativo de ACEM polo Día da Esclerose Múltiple. Goretti Sanmartín e María Rozas fixeron un recoñecemento e agradeceron o traballo de ACEM para visibilizar enfermidades como a esclerose múltiple, a ELA ou o parkinson, e tamén polo apoio que prestan tanto ás persoas afectadas como ás súas familias.